O CAMIÑO DE INVERNO

O CAMIÑO DE INVERNO

O Camiño de Inverno é unha ruta xacobea historicamente ben documentada que, partindo de Ponferrada, penetra de xeito natural en Galicia seguindo as beiras do río Sil e evitando os cumios do Cebreiro que separan as terras de León das de Lugo.
Durante case 260 km percorre unha parte da provincia de León e atravesa as catro provincias galegas. Nesta camiñada descobres unha inmensa beleza paisaxística e patrimonial e unha riqueza gastronómica marcada pola excelencia; Ademais, o peregrino estará acompañado pola calor das persoas que o habitan e sorprenderate con impresionantes paisaxes culturais, como As Médulas. Incluídas na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, ou a Ribeira Sacra, candidata ao goberno de España en 2021 para este mesmo recoñecemento.

Descubre o mapa de servizos dos concellos do Camiño de Inverno


ver en google maps
O Camiño de inverno está composto por 12 etapas e case 260 quilómetros. É unha ruta única, fermosa e amable que naceu hai séculos para facilitar a viaxe do peregrino a Santiago de Compostela, evitando os cumes fríos e nevados, especialmente no inverno.

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google