As obras do futuro albergue Diomondi, a piques de comezar
Cando falta pouco máis dun cuarto para que comece o ano xacobeo de 2021, case todo está preparado para comezar as obras de rehabilitación do antigo palacio bispal de Diomondi -no concello do Saviñao-, que se converterá no primeiro albergue público de peregrinos do Camiño de Inverno. O proxecto, sacado a concurso o pasado mes de xuño, xa superou a maioría dos trámites necesarios para poñelo en marcha. O único que falta agora é que se conceda a licenza municipal de construción. Segundo o alcalde, Juan Carlos Armesto, para conceder este permiso é necesario contar cun informe da Deputación, xa que este organismo é dono do camiño que pasa por diante do pazo e da igrexa románica de San Paio, á que está adscrita. edificio.